El hombre burbuja
El hombre burbuja | |
---|---|
Orixe | Xerez da Fronteira, España |
Período | 1996 - 2002 |
Xénero(s) | indie rock, indie pop, rock alternativo, college rock |
Selo(s) discográfico(s) | Everlasting Records |
Membros | Julio de la Rosa (voz e guitarra) , ex-Strange Fruit e cantautor independente Eduardo Ubreva (baixo) Antonio Gordillo Romero (batería e percusión), ex-Los Paramecios [1] |
Antigos membros | Kike Meynet |
Na rede | |
[1] | |
El hombre burbuja é unha banda andaluza da tendencia do rock alternativo e indie español dos 90. Formada en Xerez da Fronteira a banda lanzou a súa primeira maqueta en 1996.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A banda retorna no 1999 cun álbum homónimo (Everlasting / RFTOS, 1999) grabado dous anos antes. Este debut contén sons icónicos do indie de mediados da década, onde o grupo cita como referencias a Nick Drake, Red House ou Beck [2] . O disco aparece a destempo en comparación coa xeración indie á que se lle asocia (Los Planetas, Sexy Sadie…) xa en terceiros discos.
No 2000 autoproducen, “El Té de los Locos” (Everlasting / RFTOS, 2000) cunha canción homónima, dúas inéditas e unha versión de “Frente a frente” de Jeanette.
“Nadando a Crol” (Everlasting / RFTOS, 2000) e “La Paz Está en las Matemáticas” (Everlasting / RFTOS, 2002) entroncaron na liña do indie rock electrónico de Thievery Corporation, segundo as referencias do grupo.[3]
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums de estudio[editar | editar a fonte]
- “El Hombre Burbuja” (Everlasting / RFTOS, 1999)
- “Nadando a Crol” (Everlasting / RFTOS, 2000)
- “La Paz Está en las Matemáticas” (Everlasting / RFTOS, 2002)
- "Tú Ves Ovnis 1996-2002" (Everlasting / RFTOS, 2006)