Arturo Prieto Alcayna
Arturo Prieto Alcayna | |
---|---|
Nacemento | 1879 |
Lugar de nacemento | Teis |
Falecemento | 24 de marzo de 1940 |
Lugar de falecemento | Teis |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre, xornalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Arturo Prieto Alcayna, nado en Teis cara a 1879 e finado no mesmo lugar o 24 de marzo de 1940, foi un mestre, xornalista e propagandista agrario galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En xaneiro de 1908 pasou a dirixir o periódico El Restaurador.[1] Mestre da escola do Centro de Agricultores de Teis. Membro do Directorio Antiforista de Teis, do que foi vicesecretario, foi director do seu órgano de propaganda, Redención Gallega. Foi condenado ao desterro. Rematou os estudos de Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra en 1917.[2] Foi concelleiro do concello de Teis en xaneiro de 1936.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado terceiro tenente alcalde da Comisión Xestora do concello de Teis en setembro.[4] Finou en Teis o 24 de marzo de 1940.[5]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Purificación Villar Pérez e foi pai de Eduardo, Carmen, Concepción, Purificación, Arturo, Manuel, José, Isabel e Emilio Prieto Villar.