Hermenegildo Calvelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hermenegildo Calvelo
Nacemento20 de xaneiro de 1856
Lugar de nacementoCarballo
Falecementosetembro de 1918
Lugar de falecementoOurense
CausaGripe
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e mestre
editar datos en Wikidata ]

Hermenegildo Calvelo Rabuñal, nado en Carballo o 20 de xaneiro de 1856 e finado en Ourense a finais de setembro de 1918[1], foi un mestre, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de realizar estudos eclesiásticos, aínda que non chegou a recibir as ordes, desempeñou un posto administrativo na Universidade de Santiago de Compostela mentres estudaba Maxisterio. Obtivo escola en 1885 e foi mestre en Cuntis e dende 1897 en Mourente, cargo do que foi separado por expediente gobernativo en 1904.[2] Foi nomeado profesor de instrución primaria do cárcere de Vigo en 1913. Comezou a colaborar como xornalista en 1887 no periódico El Libredón de Santiago de Compostela, que acabou dirixindo. Foi director de El Áncora de Pontevedra (1897) e La Voz de Vigo (1909), colaborou en El Restaurador e foi o primeiro director de El Diario de Orense (1914-1918).[3] En Ourense foi funcionario de Facenda.[4] Morreu no outono de 1918, vítima da epidemia de gripe de 1918.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Discursos sobre Metafísica.
  • Discursos de don Hermenegildo Calvelo (1885).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 2-10-1918, p. 3.
  2. El Magisterio Español, 23-1-1904, p. 7.
  3. El Eco de Santiago, 29-12-1913, p. 2.
  4. El Progreso, 27-4-1915, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]