El Pueblo Vasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Pueblo Vasco
Diario independiente
Fundación1 de maio de 1910
Remata12 de abril de 1938
DirectorJuan de la Cruz Elizondo
TendenciaConservadorismo, Maurismo
LinguaCastelán
LocalidadeBilbao
Ámbitoprovincial
Periodicidadediaria
editar datos en Wikidata ]

El Pueblo Vasco foi un xornal español editado en Bilbao entre 1910 e 1938.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tiña unha periodicidade diaria e estaba editado en castelán na cidade biscaíña de Bilbao e o seu primeiro número datouse o 1 de maio de 1910.[1]

Nos seus inicios foi unha publicación de ideoloxía monárquica e tendencia maurista.[2] O xornalista guipuscoano Juan de la Cruz Elizondo foi o seu primeiro director, cargo que exerceu durante vinte e oito anos —entre 1910 e 1938—.[3][4] O xornal, de ideoloxía conservadora, apoiou o golpe de estado de xullo de 1936 e tralo estalido da Guerra civil deixou de se publicar, aínda que reapareceu en 1937 trala entrada das tropas franquistas na cidade.[5]

Cesou de se editar definitivamente o 12 de abril de 1938 cando se fusiona con El Correo Español para dar lugar á cabeceira conxunta El Correo Español-El Pueblo Vasco.[1]

En San Sebastián, editouse tamén unha publicación coa mesma cabeceira: El Pueblo Español.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]