El Látigo (Xinzo de Limia)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Látigo.
El Látigo | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
El Látigo foi un semanario editado en Xinzo de Limia en 1923.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario independiente defensor de los derechos populares, apareceu o 27 de marzo de 1923. Fundado e dirixido por Francisco Seijo Iglesias. Celso Nieto Oliva era o redactor-xefe e entre os seus colaboradores figuraban Luciano F. Bello, Luis Seijo, Álvaro Rodríguez, José Vidal de Bustamante, Antonio Nieto Oliva e Edmundo Ballesteros. Defendeu a política do deputado polo distrito de Xinzo de Limia Luis Usera Bugallal. Cesou a súa publicación co número 13, o 3 de xullo de 1923.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Cerredelo, Edelmiro (2005). A prensa en Xinzo de Limia: Século XX (1911-1925). Xinzo de Limia: Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso". pp. 48–50. ISBN 84-689-5317-2.