El Heraldo Gallego (Montevideo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de xuño de 2015 ás 13:20 por Elisardojm (conversa | contribucións) (amaño referencia)

El Heraldo Gallego foi un xornal editado en Montevideo en 1889.

Traxectoria

Subtitulado Diario de la mañana. Todo por España. Todo por Galicia, apareceu o 15 de xaneiro de 1889. Como propietarios figuraban Ramón García Vicetto e Pablo Fontaina e estaba dirixido por Ramón García Vicetto. Incluía poemas e difundiu en folleto o Catecismo do labrego, de Lamas Carvajal. Cesou a súa publicación co número 37, o 28 de febreiro de 1889.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. p. 602. ISBN 84-7492-489-8.