Saltar ao contido

El Fomento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Fomento
editar datos en Wikidata ]

El Fomento foi un semanario editado en Ordes entre 1878 e 1880.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario de intereses morales y materiales, apareceu en xullo de 1878. Dirixido por Ríos. Periódico semanal de inspiración republicana e anticlerical. Conseguiu pronto a inimizade do cardeal Miguel Payá y Rico, foi suspendido en agosto dese ano e denunciado na Audiencia por infrinxir a Lei de Imprenta. Volveu aparecer co número 6 a mediados de novembro, logo dunha suspensión xudicial de dous meses e medio. Novamente foi apercibido coa suspensión. A partir de decembro de 1879 dedicouse ás cuestións políticas e o número 58, correspondente ao 22 de decembro, foi multado e secuestrado polo alcalde e denunciado polo fiscal ante o Xulgado. En xaneiro de 1880 foi excomungado polo cardeal Payá[1]. Foi condenado en febreiro polo Tribunal de Imprenta a 75 números de suspensión. Durante a suspensión apareceu para substituílo Fray Junípero. Volveu editarse en maio, pero en xuño foi suprimida a súa publicación por orde do Alcalde de Ordes.

  1. "El Diario de Santiago, La Reforma y El Fomento de Ordenes". Gaceta de Galicia (290): 1. 12 de xaneiro de 1880. Consultado o 15 de decembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]