El Eco de Cuntis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Eco de Cuntis
Na rede
Galiciana: 3869
editar datos en Wikidata ]

El Eco de Cuntis foi un periódico editado en Cuntis en 1932.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Defensor de los intereses de la comarca, apareceu o 14 de agosto de 1932. Era un periódico quincenal. Estaba dirixido por Emilio Dopazo Pérez, que foi substituído por José Arca Rivas dende o número 3, de 11 de setembro.[1] O redactor xefe era Isaac Torres Campos e os redactores Juan Paz Sueiro, Antonio Iglesias Ares e Figaro de Madrid. Entre os colaboradores figuran Alfredo García Ramos, Roberto Blanco Torres, Cándido Porto, José Ameijeiras, José Barros Calvo e Elisardo Graña García; e Roberto Ameijeiras e José Sanmartín Soto (natural da Estrada e crego na parroquia de Ortoño), no eido artístico. O último número conservado é o 6, que se publicou o 26 de outubro de 1932.

Imprimíase na imprenta La Popular, que estaba na rúa Charino 7 en Pontevedra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Cuntis, 11-9-1932, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]