El Eco Coruñés
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
El Eco Coruñés foi un xornal editado na Coruña entre 1865 e 1866.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Diario de noticias e intereses materiales apareceu o 15 de novembro de 1865. Publicábase diariamente na tipografía de Castor Míguez. Estaba dirixido por Ramón Barros Sibelo e Froilán Salazar supervisaba o equipo de redacción. Publicaba noticias económicas, de carácter xeral, artigos de sociedade, e políticos, como o apoio a Unión Liberal. Cesou a súa edición en febreiro de 1866.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.