El Avisador (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Avisador
LocalidadeA Coruña
Na rede
Galiciana: 3819
editar datos en Wikidata ]

El Avisador foi un xornal publicado na Coruña entre 1863 e 1877.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Folletín do Avisador. Contos da miña terra, por R. C. Coruña. Tipografía Galaica. 1864.[1]

Subtitulado Diario independiente, apareceu a principios de 1863. Fundado por Gonzalo Brañas Sánchez-Boado e Ezequiel e Eladio Fernández Miranda. De tendencia liberal, o seu obxectivo eran os intereses materiais e o adianto en todo o que reclama a localidade. Tiña servizo directo de telegramas. Entre os seus colaboradores figuraron prestixioso escritores de Galicia. En 1864 publicou en formato de folletín Contos da miña terra de Rosalía de Castro, asinado coas iniciais R. C..[2] Tivo unha segunda época e unha terceira na que se subtitulaba Diario de La Coruña y de Galicia. Continuou publicándose despois de 1877 cambiando o seu nome por El Anunciador.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Contos da miña terra Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  2. Ríos Panisse, M. C. (abril-xuño de 1995). ""Contos da miña terra" (1864), primeira edición do conto galego atribuido a Rosalía de Castro". Grial (Galaxia) (126): 257–280. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]