Eiry Thomas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEiry Thomas
Biografía
Nacemento11 de maio de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Cardiff, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeIestyn Jones

IMDB: nm1131223 Musicbrainz: 6886d512-dbfc-49e0-be5a-08fed4f3af64 Discogs: 8210622 Editar o valor em Wikidata

Eiry Thomas, nada en Cardiff o 11 de maio de 1968, é unha actriz galesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Asistiu á Ysgol Gynradd Gymraeg Bryntaf e á Ysgol Gyfun Gymraeg Glantaf en Cardiff. Tras graduarse estudou teatro no Rose Bruford College de Londres. Comezou a actuar na Ópera Nacional de Gales[1] e en 1982 participou na serie infantil da BBC Cymru Wrth draed y meirw e en 1990 na drama da S4C Mwy Na Phapur Newydd e ao longo da década de 1990 saíu esporadicamente nalgunha serie de televisión. En 2001 apareceu de xeito relevante en catro episodios da serie en inglés The Bench que se emitiu a BBC One Wales e polo que levou o BAFTA Cymru á mellor actriz. En 2003 protagonizou a miniserie Triongl para a S4C baseada nunha serie gaélica irlandesa[2] e pola que foi candidata ao BAFTA Cymru á mellor actriz[3] en 2004 saíu nun episodio de Pobol y Cwm, a serie máis longa e emblemática galesa. Entre 2005 e 2008 apareceu na serie en galés Con Passionate de S4C que foi a primeira serie galesa en gañar un Rose d'Our [4]. En 2006 apareceu nun episodio de Torchwood e nese ano e en 2008 apareceu nun total de catro episodios da serie galesa en inglés Belonging. En 2008 actuou no filme Cwcw e que lle valeu o premio BAFTA Cymru á mellor actriz e tamén foi un dos protagonistas da primeira tempada da serie Teulu. En 2009 apareceu en dous episodios de Eastenders. En 2010 desempeñou un dos papeis principais da serie da S4C Pen Talar. En 2013 apareceu en cinco episodios de The Indian Doctor. Apareceu tamén nalgúns episodios de Stella entre 2012 e 2016, tivo un papel principal na miniserie Rillington Place (2016) e saíu nun episodio de Sherlock en 2017. Foi un dos personaxes principais de Byw Celwydd (2016-2017), de Un Bore Mercherd (2017-2019), Enid a Lucy (2019) e da miniserie de Channel 4 The Accident (2019).

Foi unha das fundadores da compañía teatral Theatr Pena, que intentaba crear oportunidades para as mulleres no teatro e producía obras de teatro clásicas e modernas, nalgunhas das cales Eiry tamén actuaba nalgunha das súas producións como The Royal Bed (2015), The Glass Menagerie (2016) ou Woman of Flowers (2018). Por falta de fondos a compañía disolveuse en febreiro de 2019[5]. Está casada co actor e arqueólogo Iestyn Jones e teñen dous fillos, Gruffudd e Branwen[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Eiry Thomas". Royal Welsh College of Music & Drama. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de setembro de 2020. 
  2. "Catrin embroiled in murder mystery". Daily Post. 23 de maio de 2003. 
  3. "Cymru in 2004". BAFTA. 
  4. "Con Passionate wins Golden Rose D'or". S4C. 10 de maio de 2007. 
  5. "Theatr Pena: Ending on a high". Art Scene in Wales. 
  6. "Eiry Thomas faced a "huge challenge" playing scriptwriter Jane Jones in S4C's award-winning drama, Cwcw". Western Mail. 6 de marzo de 2010.