Saltar ao contido

Efecto Zeigárnik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En psicoloxía, o efecto Zeigárnik prodúcese cando unha actividade que foi interrompida pode ser lembrada máis facilmente. Postúlase que as persoas lembran mellor as tarefas interrompidas ou non terminadas que as tarefas completadas. Na psicoloxía da Gestalt, o efecto Zeigárnik utilizouse para demostrar a presenza xeral dos fenómenos Gestalt: non só aparecen como efectos perceptivos, senón que tamén están presentes na cognición.[1]

O efecto é chamado así pola psicóloga soviética Bliuma Zeigárnik.

A psicóloga rusa Bliuma Zeigárnik estudou o fenómeno por primeira vez despois de que o seu profesor e psicólogo da Gestalt, Kurt Lewin notase que un camareiro tiña mellores recordos dos pedidos aínda non pagos. Con todo, despois de completar a tarefa (despois de que todos pagasen) non puido lembrar máis detalles dos pedidos. Zeigárnik deseñou entón unha serie de experimentos para descubrir os procesos subxacentes a este fenómeno. O informe sobre a súa investigación foi publicado en 1927, na revista Psychological Research.

A utilidade do recordo pode explicarse mediante a teoría de campo de Lewin: unha tarefa xa iniciada estabelece unha tensión específica da tarefa, o que mellora a accesibilidade cognitiva dos contidos relevantes.[2] A tensión alíviase ao completar a tarefa, mais persiste de se interromper. A través da tensión continua, o contido faise máis facilmente accesíbel e pode ser lembrado facilmente.[2]

O efecto Zeigárnik suxire que os estudantes que interrompen o seu estudo para realizar actividades non relacionadas (como estudar un tema diferente ou xogar), lembrarán o contido mellor que os estudantes que completan as sesións de estudo sen un descanso (McKinney 1935; Zeigarnik 1927).

Críticas

[editar | editar a fonte]

A fiabilidade do efecto foi obxecto de certa controversia.[3]

Varios estudos, realizados máis tarde noutros países, tentando replicar o experimento de Zeigarnik, non atoparon diferenzas significativas no recordo entre as tarefas "terminadas" e "inacabadas" (por exemplo, Van Bergen, 1968).

  1. Koffka, Kurt, 1886-1941, (2014). Principles of Gestalt psychology. Mimesis International. ISBN 88-575-2393-4. OCLC 881890728. Consultado o 2020-10-26. 
  2. 2,0 2,1 Lewin, Kurt, 1890-1947. ([2007]). Dynamic theory of personality : selected papers. [Read Books]. ISBN 1-4067-6390-X. OCLC 156864835. Consultado o 2020-10-25. 
  3. Einstein, Gilles O.; McDaniel, Mark A.; Williford, Carrie L.; Pagan, Jason L.; Dismukes, R. Key (2003). "Forgetting of intentions in demanding situations is rapid." (en inglés) 9 (3): 147–162. ISSN 1939-2192. doi:10.1037/1076-898X.9.3.147. Consultado o 2020-10-26.