Efecto Lilliput

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O efecto Lilliput ou efecto Liliput[1] é a diminución do tamaño corporal en especies animais que sobreviviron a unha grande extinción.[2] Hai varias hipóteses que tentan explicar por que aparecen estes padróns no rexistro fósil, algunhas das cales son: a supervivencia dos taxons pequenos, o ananismo de liñaxes máis grandes, e a miniaturización evolutiva a partir de estirpes ancestrais máis grandes.[3] O termo foi creado en 1993 por Adam Urbanek na súa publicación sobre a extinción dos graptoloides[4] e deriva da illa de Lilliput habitada por unha raza anana de persoas no libro As viaxes de Gulliver de Jonathan Swift. Esta diminución de tamaño pode ser só un fenómeno temporal restrinxido ao período de supervivencia do episodio de extinción. En 2019 Atkinson et al. acuñaron o termo efecto Brobdingnag[5] para describir un fenómeno relacionado que opera na dirección oposta, por medio do cal evolucionan novas especies despois da extinción en masa do Triásico-Xurásico adquirindo tamaños corporais menores antes de experimentar un aumento de tamaño.[5] Este último termo tamén procede do libro As viaxes de Gulliver, no que Brobdingnag é unha terra habitada por unha raza de xigantes.

Importancia[editar | editar a fonte]

As tendencias no cambio de tamaño corporal poden comprobarse no rexistro fósil en moitos organismos, e os principais cambios de tamaño corporal (empequenecemento e ananismo) poden afectar significativamente a morfoloxía do propio animal e a como este interacciona co medio ambiente.[3] Desde a publicación de Urbanek, varios investigadores describiron unha diminución de tamaño corporal na fauna post-evento de extinción, aínda que non todos usan o termo "efecto Lilliput" cando tratan esta tendencia na diminución do tamaño corporal.[6][7][8]

Tal como sinalaron varios autores, o efecto Lilliput ocorreu despois da extinción masiva do Permiano-Triásico. A fauna inicial do Triásico, tanto mariña coma terestre, é notablemente máis pequena que as que a precederon e sucederon no rexistro xeolóxico.[2]

Posibles causas[editar | editar a fonte]

Extinciónn dos taxons de maior tamaño[editar | editar a fonte]

O evento de extinción pode afectar os organismos de corpos máis grandes con maior gravidade, mentres que se libran os taxons de tamaño pequeno.[2] Así, os organismos máis pequenos que agora constitúen a poboación tardarán máis tempo en medrar ata ter tamaños corporais meirandes.[2] A selección evolutiva pode actuar en contra destes animais máis grandes por varias razóns, incluíndo as súas necesidades máis altas de enerxía para satisfacer as cales os recursos poden non ser xa suficientes, o aumento do tempo de xeración comparado co dos organismos de corpos pequenos, e os tamaños de pobaoción máis pequenos serían afectados máis intensamente polos cambios ambientais.[2]

Desenvolvemento de novos organismos[editar | editar a fonte]

Os novos taxons animais tenden a desenvolverse orixinalmente para ter un tamaño pequeno, como hipotetizou S. M. Stanley.[9]

Empequenecemento dos taxons sobreviventes[editar | editar a fonte]

Gráfico que demostra un decrecemento do tamaño corporal despois dun evento de extinción, adaptado de Twitchett 2007

É posible que os organismos dentro dunha liñaxe reduzan o tamaño corporal durante o evento de extinción, así que os organismos que sobreviven ao evento serían máis pequenos que os seus antepasados que vivían antes de ocorrer a extinción.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O DRAG recolle a palabra liliputiano, con ele, do cal se deduciría o topónimo Liliput, tamén con ele, aínda que o nome na versión orixinal inglesa do libro As viaxes de Gulliver é Lilliput, con ele dobre, e así tamén foi inicialmente acuñado o termo biolóxico. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para liliputiano.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Twitchett, R.J. (2007). "The Lilliput effect in the aftermath of the end-Permian extinction event". Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology 252 (1–2): 132–144. Bibcode:2007PPP...252..132T. doi:10.1016/j.palaeo.2006.11.038. 
  3. 3,0 3,1 Harries, P.J.; Knorr, P.O. (2009). "What does the 'Lilliput Effect' mean?". Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology 284 (1–2): 4–10. Bibcode:2009PPP...284....4H. doi:10.1016/j.palaeo.2009.08.021. 
  4. Urbanek, Adam (1993). "Biotic Crises in the History of Upper Silurian Graptoloids: A Palaeobiological Model". Historical Biology 7: 29–50. doi:10.1080/10292389309380442. 
  5. 5,0 5,1 Atkinson, Jed W.; Wignall, Paul B.; Morton, Jacob D.; Aze, Tracy (2019). "Body size changes in bivalves of the family Limidae in the aftermath of the end-Triassic mass extinction: the Brobdingnag effect". Palaeontology (en inglés) 62 (4): 561–582. ISSN 1475-4983. doi:10.1111/pala.12415.  Alt URL
  6. Kaljo, D (1996). "Diachronous recovery patterns in Early Silurian corals, graptolites and acritarchs". Geological Society, London, Special Publications 102 (1): 127–134. Bibcode:1996GSLSP.102..127K. doi:10.1144/gsl.sp.1996.001.01.10. 
  7. Girard, C; Renaud, S (1996). "Size variations in conodonts in response to the upper Kellwasser crisis (upper Devonian of the Montagne Noire, France)". Comptes Rendus de l'Académie des Sciences, Série IIA 323: 435–442. 
  8. Jeffery, C.H. (2001). "Heart urchins at the Cretaceous/Tertiary boundary: a tale of two clades". Paleobiology 27: 140–158. doi:10.1666/0094-8373(2001)027<0140:huatct>2.0.co;2. 
  9. Stanley, S. M. (1973). "An explanation for Cope's Rule". Evolution 27 (1): 1–26. JSTOR 2407115. PMID 28563664. doi:10.2307/2407115.