Eduardo Serrano Serrano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eduardo Serrano Serrano
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Serrano Serrano, finado na Coruña o 5 de outubro de 1937,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do coronel Julián Serrano e de Timotea Serrano. Funcionario da Granja Agrícola, vivía na Coruña. Foi director literario e principal redactor do periódico El Eco de Bergantiños e redactor de El Ideal Gallego. É autor da humorada Sin artistas (1909) e de varios apropósitos de antroido como "Juicio de faltas" (1919) que satirizaban a vida municipal coruñesa. Finou na Coruña aos setenta anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou na Coruña con Enriqueta Puch Rey en decembro de 1906.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 6-10-1937, p. 5.
  2. La Voz de Galicia, 29-12-1906, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Un desconocido periódico de Carballo", X. Ramón Barreiro. La Voz de Galicia, 30-5-1992, p. 99.