Eduardo Parrado
(Redirección desde «Eduardo Parrado Conde»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xaneiro de 1921 Santiago de Compostela, España |
Morte | 7 de maio de 2003 (82 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Páxina web | eduardoparrado.com… |
Eduardo Parrado Conde, nado en Santiago de Compostela o 5 de xaneiro de 1921 e finado o 7 de maio de 2003, foi un escultor galego, discípulo de Francisco Asorey.
Entre a súa obra destaca un cruceiro dedicado ao rei Xoán Carlos I para o Palacio da Zarzuela (1972), o monumento das Palilleiras de Camariñas (1985) e o monumento do Emigrante en Sada.
Recibiu a Medalla de Bronce da Cidade de Santiago ó Mérito Artístico. En 2001 o concello de Santiago de Compostela púxolle o seu nome a unha praza do barrio de Santa Marta, a escasos metros da súa casa[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Santa Marta dedica unha praza a un dos seus veciños máis ilustres e queridos" Arquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 29 de novembro de 2001.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduardo Parrado |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina do escultor
- Julia Jiménez García (2000): La creación de Eva y la Piedad: dos obras de Parrado. (en castelán)