Eduardo Acevedo Vásquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Acevedo Vásquez
Eduardo Acevedo Vásquez

1931 – 1933

1904 – 1906
Precedido por Claudio Williman
Sucedido por Francisco Soca

Datos persoais
Nacemento 1857
Flag of Argentina.svg Arxentina, Buenos Aires
Falecemento 1948
Flag of Uruguay.svg Uruguai, Montevideo
Pais Eduardo Acevedo Maturana, Joaquina Vásquez Fernández
Cónxuxe/s María Manuela Álvarez Susviela
Fillos Eduardo, Manuela, Carmen, Miguel Alberto
Profesión Avogado, historiador, político

Eduardo Acevedo Vásquez, nado en 1857 en Buenos Aires e finados en 1948 en Montevideo, foi un avogado, historiador e político uruguaio.

Familia[editar | editar a fonte]

Fillo de Eduardo Acevedo Maturana e de Joaquina Vásquez Fernández,[1] foi ademais dobre curmán de Alfredo Vásquez Acevedo e cuñado de José Pedro Varela. Casado en 1888 con María Manuela Álvarez Susviela, tiveron catro fillos: Eduardo (parlamentario, director do diario El Día e dúas veces ministro de Facenda), Manuela, Carmen e Miguel Alberto.

Carreira[editar | editar a fonte]

Eduardo Acevedo Vásquez alternou múltiples profesións como avogado, director do xornal El Siglo e catedrático de Economía Política á vez que foi un notable historiador. Así mesmo ocupou varios cargos públicos de relevancia, como o de reitor da Universidade da República (1904-1906), ministro de Industrias (1911-1913), director do Banco da República Oriental do Uruguai (1914-1924), director xeral de Ensinanza Primaria (1925-1929) e primeiro presidente de ANCAP (1931-1933).[2]

Notas[editar | editar a fonte]