Edith Ellis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdith Ellis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Edith Mary Oldham Lees Editar o valor em Wikidata
1861 Editar o valor em Wikidata
Cheshire Editar o valor em Wikidata
Morte14 de setembro de 1916 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Paddington (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Diabetes mellitus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGolders Green Crematorium (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnovelista , ensaísta , escritora de contos , activista polos dereitos das mulleres Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHavelock Ellis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 1268 Editar o valor em Wikidata


Edith Mary Oldham Ellis, de solteira Lees, nada en Newton (Lancashire) o 9 de marzo de 1861 e finada en Paddington (Londres) o 14 de setembro de 1916, foi unha escritora británica e activista polos dereitos da muller.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Edith Lees e Havelock Ellis

Foi a única filla de Samuel Oldham Lees, un terratenente, e Mary Laetitia, de solteira Bancroft. A súa nai sufriu unha lesión na cabeza durante o embarazo e morreu cando Ellis era aínda bebé. En decembro de 1868 Samuel casou con Margaret Ann "Minnie" Faulkner e tiveron outro fillo.[2] Foi educada nunha escola de monxas en 1873. O seu pai cambiouna de colexio cando se decatou de que Edith cada vez tiña máis interese pola fe católica.

Uniuse á Fellowship of the New Life (a Comunidade da Nova Vida) e coñeceu a Havelock Ellis en 1887 nunha reunión.[3][4] A parella casou en novembro de 1891.

Desde o principio o seu matrimonio foi pouco convencional, pois Edith era abertamente lesbiana, e ao remate da lúa de mel, el regresou á súa vivenda de solteiro. Edith tivo varias aventuras amorosas con mulleres, das cales o seu marido estaba ao tanto.[5] A súa relación aberta foi o tema central da autobiografía de Havelock Ellis, My Life (1939).

Lily en 1902

A súa primeira novela, Seaweed: A Cornish Idyll, publicouse en 1898.[6] Durante este período, Edith comezou unha relación con Lily Kirkpatrick, unha artista irlandesa que vivía en St Ives (Cornualla). Edith ficou devastada trala morte de Lily pola doenza de Bright en xuño de 1903.[6]

Sufriu un forte ataque de nervios en marzo de 1916 e morreu de diabetes o 14 de setembro dese ano en Paddington.[1] James Hinton: a Sketch, a súa biografía do cirurxián James Hinton, foi publicada de xeito póstumo en 1918.[7]

Obra[editar | editar a fonte]

  • My Cornish Neighbours (1906)
  • Kit's Woman[8] (1907)
  • The Subjection of Kezia (1908)
  • Attainment (1909)
  • Three Modern Seers (1910)
  • The Imperishable Wing (1911)
  • The Lover's Calendar: An Anthology (ed.) (1912)
  • Love-Acre (1914)
  • Love in Danger (1915)
  • The Mothers (1915)
  • James Hilton: A Sketch (1918)
  • The New Horizon in Love and Life (1921)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Edith Lees Ellis (1861-1916): homenaje de Find a..." (en castelán). Consultado o 2021-07-28. 
  2. Jenkins, Lyndsey (2020). "Ellis [née Lees], Edith Mary Oldham (1861–1916), writer, lecturer, and socialist" (en inglés). ISBN 978-0-19-861412-8. doi:10.1093/odnb/9780198614128.013.90000369546. Consultado o 2021-06-24. 
  3. Doan, Laura; Garrity, Jane (2006). Sapphic Modernities: Sexuality, Women, and National Culture. New York: Palgrave Macmillan. p. 184. ISBN 9781403984425. 
  4. "Havelock Ellis. En noviembre de 1891, con 32 años de edad y todavía virgen, Ellis se casó con la escritora y luchadora por los derechos de las mujeres Edith Lee" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-27. 
  5. Pettis, Ruth. "Ellis, Havelock". glbtq.com. Arquivado dende o orixinal o 2014-03-27. Consultado o 2008-06-11. 
  6. 6,0 6,1 Simkin, John (n.d.). "Havelock Ellis". Consultado o 2018-07-24. 
  7. Ellis 1918.
  8. Publicada nos EUA como Steve's Woman.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]