O edificio constituíu un modelo de referencia para a arquitectura dos anos 60 e 70, levando ao máximo o pensamento racionalista e o chamado Estilo Internacional.[1] A idea orixinal do arquitecto era que se puidese ve-la trama de aceiro estrutural da que colgan os muros cortina de vidro, pero a normativa edificatoria americana obrigaba a recubrir tódolos elementos estructuraies de aceiro con algún material ignífugo, coma o formigón, para evitar que en caso de incendio se derritan e cedan. O formigón ocultaría a estrutura do edificio, polo que Mies usou perfís H a modo de columnas estruturais que recordaran á estrutura interna, sendo visibles dende o exterior.