Edificio Lloyd's

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edificio Lloyd's
Lloyds building taken 2011.jpg
O Edificio Lloyd’s dende a Plantation Place en Fenchurch Street
Edificio
Tipo Edificio de oficinas
Estilo High Tech
Custo 75 millóns de libras
Sistema estrutural Elementos prefabricados de formigón armado
Localización 1 Lime street, Londres, Inglaterra
Propietario Shelbourne Developments
Arrendatario Lloyd's of London
Construción
Inicio 1978
Remate 1986
Dimensións
Altura 88 m
Altura máxima 95,1 m
Plantas 14
Equipo
Arquitecto(s) Richard Rogers
Enxeñeiro estrutural Arup

O Edificio Lloyd's de Londres é a sede do mercado de seguros Lloyd’s of London, está situado no número 1 de Lime street da City de Londres, nunha zona coñecida como Saint Mary Axe. Foi deseñado polo arquitecto británico Richard Rogers, gañador do premio Pritzker de arquitectura no 2007. Dende 2011 está incluído na lista de monumentos catalogados do Reino Unido, co máximo nivel (grao 1), sendo o edificio máis novo nesta categoría.[1]

Deseño[editar | editar a fonte]

O edificio foi deseñado por Richard Rogers e construído pola empresa Bovis entre os anos 1978 e 1986. Do mesmo modo que o Centro Pompidou de París (deseñado por Rogers e Renzo Piano), o Lloyd's foi un edificio innovador polo feito de plantear os seus servizos, como escaleiras, elevadores, conductos de electricidade e sistema de subministración de auga no exterior, permitindo liberar o interior, creando un espazo totalmente diáfano. Os doce elevadores panorámicos de vidro foron os primeiros deste tipo instalados no Reino Unido.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio "Architecture at Work" do Financial Times, 1987
  • Premio Civic Trust, 1987
  • Premio da Concrete Society, 1987
  • Premio rexional do RIBA, 1988
  • Premio PA a innovación no deseño e a construción de edificios, 1988
  • 8º Premio internacional Eternit de arquitectura, mención especial, 1988

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rogers' Lloyd's becomes youngest Grade-I listed building". The Architect's Journal (en inglés). 19 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]