Ecualizador shelving

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ecualizador Shelving é un tipo de ecualizador que opera en todas as frecuencias de maneira plana. Ou sexa, crea unha transición entre unha rexión extrema (no extremo grave ou no extremo agudo) do espectro de son e a rexión central.

Estes ecualizadores están dispoñibles como unidades de alta e baixa frecuencia, realzando as altas e baixas frecuencias respectivamente. A desvantaxe destes compoñentes é o seu potencial de realzar frecuencias por encima e por baixo do rango de son audible causando como mínimo perdida de potencia do amplificador, e no peor dos casos, danos no altofalante. Os sinais subsónicos pódense atenuar usando un filtro pasa-alta por baixo da banda de son (18 herzios) para evitar excesiva información de baixa frecuencia.

O uso máis común deste ecualizador é en controis de ton nos sistemas de son domésticos. Estes controis de baixos e agudos teñen xeralmente unha pendente máxima de 6db por oitava e características recíprocas.