De zoekmachine die bomen plant (nl) Il motore di ricerca che pianta alberi (it) Le moteur de recherche qui plante des arbres (fr) El buscador que planta árboles y tus busquedas usan energia solar (es) The search engine that plants trees and its power by solar energy (en) Die Suchmaschine, die Bäume pflanzt (de)
Ecosia é un motor de busca de Internet que traballa xunto ao buscador Bing, e que doa o 80% das súas ganancias a organizacións ecoloxistas sen ánimo de lucro, cun obxectivo actual de plantar árbores.[1][2][3]
Definido como un "negocio social", Ecosia é unha compañía sen emisións de CO2[4] que apoia a transparencia financeira,[5][6] e está certificada por B-labs como unha Benefit Corporation.[7] A súa sede atópase en Berlín, e conta cun equipo que varía entre sete e trece membros.