Eatin' Dust

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eatin' Dust
Álbum de Fu Manchu
Publicado19 de febreiro de 1999
Gravación22 de novembro de 1998
Estudio(s)Monkey Studios en Palm Desert
Duración34:38
Xénero(s)stoner rock
Selo(s)Man's Ruin Records
Producido porFu Manchu
Cronoloxía
The Action Is Go Eatin' Dust King of the Road

Eatin' Dust é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de stoner rock Fu Manchu, publicado o 19 de febreiro de 1999 a través do selo Man's Ruin Records.[1] Eatin' Dust foi o segundo disco de estudio para os novos membros Brant Bjork e Bob Balch, que substituíron a Ruben Romano e a Eddie Glass en 1997. Os tres primeiros temas foron editados orixinalmente no EP Godzilla. Josh Homme, de Kyuss e Queens of the Stone Age, tocou percusións adicionais durante aquela sesión de tres cancións, e Mike Coopersmith (un alias de Scott Hill) tocou a guitarra principal no lugar de Bob Balch. O resto do álbum conta coa formación normal da banda. O primeiro tema, "Godzilla", é unha versión de Blue Öyster Cult.

Man's Ruin reeditaría o disco posteriormente en vinilo de 12" incluíndo o EP e bautizándoo como (Godzilla's) Eatin' Dust. No ano 2004 foi reeditado por Elastic Records. Esta versión ten diferente orde das cancións e unha portada distinta.[2]

At The Dojo Records reeditou o disco novamente en 2010 tanto en vinilo como en CD, cunha portada lixeiramente ditinta e a mesma listaxe de cancións que a derradeira reedición.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas por Fu Manchu agás ode se indique.

CD/LP (MR-157 cd/MR-163)[editar | editar a fonte]

  1. "Godzilla" - 4:31 (Donald Roeser)
  2. "Module Overload" - 4:16
  3. "Living Legend" - 5:08
  4. "Eatin' Dust" - 3:08
  5. "Shift Kicker" - 3:00
  6. "Orbiter" - 3:13
  7. "Mongoose" - 6:12
  8. "Pigeon Toe" - 4:45

Vinilo de 10" (MR-157)[editar | editar a fonte]

  1. "Eatin' Dust" - 3:08
  2. "Shift Kicker" - 3:00
  3. "Orbiter" - 3:13
  4. "Mongoose" - 6:12
  5. "Pigeon Toe" - 4:45

CD 2004(ELS-023) CD/LP 2010(ATD004-2)[editar | editar a fonte]

  1. "Eatin' Dust" - 3:08
  2. "Shift Kicker" - 3:00
  3. "Orbiter" - 3:13
  4. "Mongoose" - 6:12
  5. "Pigeon Toe" - 4:45
  6. "Module Overload" - 4:16
  7. "Living Legend" - 5:08
  8. "Godzilla" - 4:31

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Discogs (ed.). "Fu Manchu ‎– Eatin' Dust". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  2. Discogs (ed.). "Fu Manchu ‎– (Godzilla's) Eatin' Dust (Elastic Records)". Consultado o 3 de abril de 2018.