TIROS
TIROS ou Television Infrared Observation Satellite é unha serie de satélites meteorolóxicos dos Estados Unidos.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites TIROS foron no seu inicio un experimento por parte da NASA para comprobar se satélites en órbitas polares podían ser útiles no estudo da Terra e na predición meteorolóxica. Os primeiros satélites foron útiles como medio de aprendizaxe para deseñar satélites meteorolóxicos. O primeiro TIROS foi lanzado en 1960. O programa continuou durante varias décadas a través de varias xeracións de satélites cada vez máis avanzados.[1]
TIROS 1 a 10
[editar | editar a fonte]Tiñan unha masa duns 123 kg e lanzáronse entre 1960 e 1965. TIROS 9, cunha masa algo maior (138 kg) foi usado como prototipo para a seguinte xeración, os Operational TIROS.[2][1]
TIROS 11 a 19 (Operational TIROS)
[editar | editar a fonte]Tamén coñecidos como ESSA, lanzáronse nove entre 1966 e 1969. Ao igual que os TIROS orixinais, tiñan forma cilíndrico con 107 cm de diámetro e 56 cm de altura pero eran máis masivos, entre 145 e 286 kg. Alimentábanse tamén mediante células solares e estabilizábanse mediante xiro. A bordo levaban un par de cámaras para fotografar a superficie e a cuberta de nubes.[3][1]
TIROS N
[editar | editar a fonte]Os TIROS N foron a terceira xeración de satélites TIROS, substituídos posteriormente polos Advanced TIROS-N. Tratábase de satélites estabilizados nos tres eixos baseados nos satélites meteorolóxicos militares DMSP-5D1. Tiñan 3,71 m de longo e 1,88 m de diámetro. Foron lanzados atro entre 1978 e 1981, pasándose a ser denominados posteriormente como NOAA.[4][1]
Os satélites TIROS foron substituídos polos satélites ITOS.[1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3][4] | Data de lanzamento[1][2][3][4] | Foguete lanzador[1][2][3][4] | Notas[1][2][3][4] |
---|---|---|---|
TIROS 1 | 1 de abril de 1960 | Thor Able | Éxito |
TIROS 2 | 23 de novembro de 1960 | Delta | Éxito |
TIROS 3 | 12 de xullo de 1961 | Delta | Fallo |
TIROS 4 | 8 de febreiro de 1962 | Delta | Éxito |
TIROS 5 | 19 de xuño de 1962 | Delta | Fallo |
TIROS 6 | 18 de setembro de 1962 | Delta | Éxito |
TIROS 7 | 19 de xuño de 1963 | Delta B | Éxito |
TIROS 8 | 21 de decembro de 1963 | Delta B | Éxito |
TIROS 9 | 22 de xaneiro de 1965 | Delta C | Éxito |
TIROS 10 | 2 de xullo de 1965 | Delta C | Éxito |
TIROS 11 | 3 de febreiro de 1966 | Delta C | Éxito |
TIROS 12 | 28 de febreiro de 1966 | Delta E | Éxito |
TIROS 13 | 2 de outubro de 1966 | Delta E | Éxito |
TIROS 14 | 26 de xaneiro de 1967 | Delta E | Éxito |
TIROS 15 | 29 de abril de 1967 | Delta E | Éxito |
TIROS 16 | 10 de novembro de 1967 | Delta E1 | Éxito |
TIROS 17 | 16 de agosto de 1968 | Delta N | Éxito |
TIROS 18 | 15 de decembro de 1968 | Delta N | Éxito |
TIROS 19 | 26 de febreiro de 1969 | Delta E1 | Éxito |
TIROS N | 13 de outubro de 1978 | Atlas F | Éxito |
NOAA 6 | 27 de xuño de 1979 | Atlas F | Éxito |
NOAA B | 29 de maio de 1980 | Atlas F | Fallo parcial |
NOAA 7 | 23 de xuño de 1981 | Atlas F | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Mark Wade (2020). "TIROS" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "TIROS 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 10" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "TIROS 9 / ESSA 1, ..., 9 (Operational TIROS)" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "TIROS-N, NOAA 6, B, 7" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: TIROS |