ESCP Business School

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «ESCP Europe»)
ESCP Europe in Paris, avenue de la République. O edificio completouse en 1859

A ESCP Business School é unha escola de negocios con vocación internacional, con campus propios en París, Londres, Madrid, Berlín e Turín, así como outros asociados en Monterrey, Bangkok ou Delhi.

Descrición[editar | editar a fonte]

Esta institución, fundada en 1819,é a máis antiga escola de negocios do mundo.[1][2] Imparte unha trintena de programas formativos -entre másters, MBA e formación para altos directivos- que contan coa tripla acreditación internacional de EQUIS, AACSB e AMBA. Defínese como a escola de negocios para Europa e está recoñecida como unha das mellores business school do mundo en formación de directivos, segundo revela o último ránking de escolas de negocios de Financial Times[3], que a sitúa no segundo posto entre os centros con presenza española.

A escola, cunha rede de 35.000 antigos alumnos en 150 países e un claustro de mestres internacional e plurilingüe, recibe anualmente ao redor de 3.500 estudantes procedentes de 100 nacionalidades. En España, o campus de Madrid, fundado en 1988 e presidido por Guillermo de la Dehesa, conta cun acordo académico coa Universidade Carlos III.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]