EINA, Centro Universitario de Deseño e Arte de Barcelona (en catalán: EINA Centre Universitari de Disseny i Art de Barcelona ) é unha escola superior privada dedicada aos estudos de deseño, situada en Barcelona, no distrito de Sarrià. A palabra "eina" significa "ferramenta" en lingua catalá.
Fundada en 1967 en Barcelona, no contexto artístico, político e social do final da ditadura franquista,[1] EINA é unha das primeiras escolas de deseño de España.[2]
Casa Manuel Dolcet, primeira sede de EINA.
A súa primeira sede foi acollida na Casa Manuel Dolcet, obra modernista do arquitecto Joan Rubió i Bellver (1870-1952), na avenida de Vallvidrera, no barrio de Sarrià.[3]
Desde 1994 está adscrito á Universidade Autónoma de Barcelona.[4] Está considerado un dos mellores centros de educación en deseño de Europa segundo a revista especializada italiana Domus.[5]
↑"EINA"(PDF). Wayback Machine, web.archive.org; designhistoryfoundation.org. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 2024-03-08.