EHC Wolfsburg
Aparencia
| Grizzly Adams Wolfsburg | |
|---|---|
| Fundación | 1975 |
| Cidade | |
| Estadio | Eisarena Wolfsburg (4.660 esp.) |
| Liga | Deutsche Eishockey Liga |
| Adestrador | |
| Cores | Laranxa e negro |
| Na rede | |
| https://www.grizzlys.de/ | |

O Grizzly Adams Wolfsburg é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Wolfsburgo (Alemaña). O equipo compite na Deutsche Eishockey Liga, a máxima categoría da liga profesional alemá, competición na que o seu maior logro chegou na tempada 2010-11, cando liderou a liga regular e chegou á final da liga, onde caeu fronte ao Eisbären Berlin por 3 a 0 na eliminatoria. O seu único título chegou na tempada 2008-09, cando se proclamou campión da Copa de Alemaña tras derrotar na final ao Hannover Scorpions por 5 goles a 3.
O equipo naceu en 1975 como TV Jahn Wolfsburg, e trocou o seu nome polo actual no ano 1996.
Palmarés
[editar | editar a fonte]
Copa de Alemaña (1):
- 2008-09
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en alemán)
