EDAR de Punta Avarenta
Aparencia
| EDAR de Punta Avarenta | |
|---|---|
| Acceso | |
| Concellos | Ares, Mugardos e Fene |
| Construción | Copasa, Taboada e Ramos |
| Inauguración | 2014 |
| Poboación | 52.000 habitantes |
| Xestión | UTE EDAR Ares-Fene |
| Propiedade | Xunta de Galicia |
| Tipoloxía | Pretratamento: Rototamiz e desareado-desengraxado. Tratamento secundario por lamas activadas. Tratamento avanzado: Eliminación de nutrientes (nitróxeno e fósforo). Desinfección por cloración. Liña de lamas: Espesador e centrífuga. |
| Verte ao | Océano Atlántico |
| Estacións de bombeo | As Cagallas |
| Páxina web | |
A EDAR de Punta Avarenta é unha estación depuradora de augas residuais construída en Ares pola Xunta de Galicia para o tratamento das augas residuais dos concellos do sur da ría de Ferrol: Ares, Fene e Mugardos. O lado norte da ría é cuberto pola EDAR de Cabo Prioriño.
Descrición
[editar | editar a fonte]A EDAR de Punta Avarenta custou 87 216 849,5 euros e as obras iniciáronse en decembro de 2008[1] nunha parcela de 20.000 metros cadrados. A construción durou catro anos. Ten capacidade para o tratamento equivalente a 52.000 habitantes. A rede de saneamento de 37 quilómetros está composta por cinco pozos de bombeo e 23 tanques de tormenta[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ares- La Xunta reconoce que la EDAR del sur de la ría no estará en servicio a principios de 2012. Concello de Ares". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 08 de xuño de 2014.
- ↑ El saneamiento integral de Ares, Mugardos y Fene entrará en servicio en julio. Galiciaartabra.