Dzidra Ritenberga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDzidra Ritenberga
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1928 Editar o valor em Wikidata
Dundaga, Letonia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de marzo de 2003 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Riga, Letonia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaForest Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLetonia
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónJāzeps Vītols Latvian Academy of Music (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , directora de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1948 Editar o valor em Wikidata - 1990 Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0728653 Musicbrainz: 32ad5173-7446-498f-bce5-f8c1542e64cf Find a Grave: 182085106 Editar o valor em Wikidata

Dzidra Smiltēna, nada na vila de Dundaga, rexión de Curlandia, o 29 de agosto de 1928, e finada o 9 de marzo de 2003 foi unha actriz, de teatro e cine, e directora de cine letoa. Agraciada co premio a mellor actriz no Festival Internacional de Cinema de Venecia de 1957 polo seu papel protagonista en Malva, filme inspirado na vida de Maxim Gorki. Como directora foi membro do Sindicato Soviético de Cineastas da República Socialista Soviética de Letonia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debuxo promocional con Dzidra Ritenberga, ano 1957

Graduada de bacharel en Liepaja, pola Escola de Drama do Teatro Estatal letón e polo Departamento de Dirección do Conservatorio Estatal Letón (1974) foi unha actriz fixa do teatro da cidade de Liepaja (1948-1957), o Teatro Ruso de Riga (1957-1962), e do teatro de Moscova KS Stanislavsky (1962-1975). Posteriormente directora do equipo permanente do Riga Film Studio (1975-1990). Membro do sindicato soviético de cineastas desde 1958. Artista honoraria da República desde 1960. O actor Evgeny Urbansky foi o seu marido, finado no ano 1965 durante a rodaxe do filme “Director”. Despois da morte do marido Dzidra dá luz á filla de ambos, Yevgenia.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Directora[editar | editar a fonte]

Como directora explorou principalmente o drama, e as temáticas da masiva emigración letoa e do seu impacto familiar e cultural, as deportacións a Sibeira ou de forma remarcábel o drama dos abusos a mulleres na súa obra prima Šīs bīstamās balkona durvis.

Documental Ano
Šīs bīstamās balkona durvis 1976
Trīs minūšu lidojums 1979
Vakara variants 1980
Pats garākais salmiņš 1982
Svešs gadījums 1985
Pēdējā reportāža 1986
Māja bez izejas 1988
Valsis mūža garumā 1990

Actriz[editar | editar a fonte]

Como actriz Dzidra foi un fenómeno nacional, e do neorealismo soviético, coa culminación do seu premio como Artista honoraria da República, o director Rihards Pīks a recordaba como unha [2]

muller admirábel, chea de vitalidade que tivo fascinados a moitos espectadores na súa patria e no estranxeiro.
Documental Ano
Cēloņi un sekas 1956
Malwa (Malva) 1956
Atbalss 1959
Kara ceļa mantinieki 1972
Dunduriņš 1974
Mans draugs – nenopietns cilvēks 1976
Durvis, kas tev atvērtas 1984
Palīgā (Fernsehserie) 1998

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Enciclopedia Letoa, Latvijas enciklopēdija. Personaxes, Capítulo 4. . Rīga : Valērija Belokoņa izdevniecība. 2007. 1001. lpp. ISBN 978-9984-9482-4-9.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ilona Brūvere

  1. "Soviet Latvian actress Dzidra Ritenberga 1928-2003". 2016. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  2. http://proekt-wms.narod.ru/zvezd/ritenberg-d.htm