Dvēseļu putenis
Dvēseļu putenis | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dvēseļu putenis |
Produtor | |
Guión | Boris Frumin[1] |
Intérpretes |
|
Música | Lolita Ritmanis[1] |
Fotografía | Valdis Celmiņš |
Montaxe | Gatis Belogrudovs |
Estrea | 8 de novembro de 2019 |
Duración | |
Orixe | Letonia |
Xénero | Drama histórico |
Na rede | |
https://www.dveseluputenis.lv/ | |
Dvēseļu putenis é un filme letón de 2019 dirixido por Dzintars Dreibergs.[1] Estreouse o 8 de novembro de 2019 en Letonia[3] e o 20 de febreiro de 2020 internationalmente.[4] O filme é unha adaptación da novela homónima de Aleksandrs Grīns que conta a historia dun soldado letón durante a primeira guerra mundial.[3] Foi escollido como candidato de Letonia para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5][6][7]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Despois de presenciar o asasinato da súa nai por tropas alemás invasoras, o adolescente de dezaseis anos Artūrs, xunto co seu pai, decide alistarse no batallón nacional letón do Exército Imperial Ruso co obxectivo de conseguir vingarse e atopar a gloria. Artūrs vai loitar na Fronte oriental, onde perde ó seu pai e irmán e axiña queda devastado. Posteriormente, Artūrs regresa ó seu país acabado de proclamar para loitar na guerra de independencia de Letonia e comezar de novo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Oto Brantevics como Artūrs Vanags
- Raimonds Celms como Edgars Vanags
- Mārtiņš Vilsons como Vanags
- Jēkabs Reinis como Miķelsons
- Gatis Gāga como Konrāds
- Renārs Zeltiņš como Spilva
- Vilis Daudziņš como Sala
- Grēta Trušiņa como Marta
- Ieva Florence como Mirdza
- Rēzija Kalniņa como nai
Acollida
[editar | editar a fonte]Durante as cinco primeiras semanas logo da estrea o filme foi visto por máis de 200 000 persoas, sendo o filme letón máis visto dende a restauración da independencia de Letonia.[8][9][10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Blizzard of Souls". National Film Centre of Latvia. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2018. Consultado o 17 de decembro de 2019.
- ↑ "Latvian film "Blizzard of Souls" goes to UK and China". Public Broadcasting of Latvia. 23 de xullo de 2020. Consultado o 23 de xullo de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 "Blizzard of Souls is a reminder that Latvia's freedom was never a given - director". The Baltic Times. 11 de novembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019.
- ↑ Balčus, Zane (20 de xaneiro de 2020). "Eyewell Picks Up Latvian BO Leader Blizzard of Souls". Film New Europe Association. Consultado o 25 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Latvia enters film Blizzard of Souls for Oscar awards". National Film Centre of Latvia. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ "Latvia submits Blizzard of Souls for the Oscars". The Baltic Course. 19 de novembro de 2020. Consultado o 19 de novembro de 2020.
- ↑ "FNE Oscar Watch 2021: Blizzard of Souls to Represent Latvia in Oscar Race". Film New Europe Association. 20 de novembro de 2020. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ ""Blizzard of Souls" breaks Latvian box-office records". Public Broadcasting of Latvia. 16 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019.
- ↑ Abbatescianni, Davide (17 de decembro de 2019). ""Blizzard of Souls" breaks Latvian box-office records". Cineuropa. Consultado o 17 de decembro de 2019.
- ↑ "Blizzard of Souls breaks attendance record with 200,000 people seeing the film in five weeks". The Baltic Times. 17 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Letonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dvēseļu putenis na IMDb (en inglés).