Saltar ao contido

The Baltic Times

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Baltic Times
 Título
   The Baltic Times (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1996 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISSN1407-2300 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02lwnf Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: thebaltictimes Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Baltic Times é un periódico mensual en lingua inglesa que cobre o conxunto dos países bálticos: Estonia, Letonia e mais Lituania.

Características

[editar | editar a fonte]

A publicación orixinouse en 1996[1] como resultado da fusión de dous periódicos anteriores: The Baltic Independent ( fundado en 1991 como The Estonian Independent[2]) e The Baltic Observer que operaban dende 1992. Ata o ano 2012 publicábase unha vez á semana, logo pasou a se publicar dúas veces ao mes e dende setembro de 2013 sae unha vez ao mes. Conta con oficinas en Talín e Vilnius e a súa sede central está en Riga e constitúe o único periódico en papel de lingua inglesa que cobre os tres estados bálticos.

  1. "The Baltic Times" Arquivado 05 de xuño de 2020 en Wayback Machine.. Eesti rahvusbibliograafia
  2. Anatol Lieven (1994) The Baltic Revolution: Estonia, Latvia, Lithuania and the Path to Independence Yale University Press, p. 414

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]