Dum-Dum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dum-Dum
Álbum de The Vaselines
Publicadoxuño de 1989
Gravacióndecembro de 1988 - xaneiro de 1989
Estudio(s)Chamber Studios, Edimburgo
Duración27:19
Xénero(s)indie pop, indie rock, rock alternativo
Selo(s)53rd and 3rd Records
Producido porJamie Watson, The Vaselines
Cronoloxía
Dying for It
(1988)
Dum-Dum The Way of the Vaselines: A Complete History
(1992)

Dum-Dum é o primeiro álbum de estudio da banda escocesa de rock alternativo The Vaselines, publicado en xuño de 1989 a través do selo 53rd and 3rd Records.[1][2] Gravouse nos Chamber Studios, Edimburgo, entre os meses de decembro de 1988 e xaneiro de 1989. O disco foi producido pola banda e Jamie Watson, e foi incluído enteriramente na retrospectiva da súa carreira The Way of the Vaselines: A Complete History.[3]

Os músicos que colaboraron coas cordas sintetizadas en "Slushy" e o raga indio en "Lovecraft" non foron identificados publicamente. Outras cancións gravadas durante as sesións de Dum-Dum foron "Bitch", "Dying For It (The Blues)" e "Let's Get Ugly". "Teenage Superstars" xa aparecera no seu EP de 1988 Dying for It. O álbum foi reeditado en vinilo para o Record Store Day de 2018.[4]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Eugene Kelly e Frances McKee[5]

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Sex Sux (Amen)"   3:15
2. "Slushy"   2:01
3. "Monsterpussy"   1:43
4. "Teenage Superstars"   2:48
5. "No Hope"   3:26
Cara 2
N.º Título Duración
1. "Oliver Twisted"   2:55
2. "The Day I Was A Horse"   1:35
3. "Dum-Dum"   2:02
4. "Hairy"   1:53
5. "Lovecraft"   5:39

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Records, Sub Pop. "The Vaselines". Sub Pop Records (en inglés). Consultado o 2023-04-20. 
  2. "Kurt Cobain's favourites The Vaselines' kiss and make up". The Independent (en inglés). 2010-09-09. Consultado o 2023-04-20. 
  3. Gr, Eric; y. "Album Review". The Stranger (en inglés). Consultado o 2023-04-21. 
  4. Trendell, Andrew (2018-03-06). "This is the full list of Record Store Day 2018 releases". NME (en inglés). Consultado o 2023-04-21. 
  5. "TrouserPress.com :: Eugenius". www.trouserpress.com.