Duarte Mendes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Duarte Mendes
Nome completoJosé Henrique Duarte Mendes
Nacemento7 de agosto de 1947 (71 anos)
OrixePortugal Portugal
Ocupacióncantante
editar datos en Wikidata ]

José Henrique Duarte Mendes, máis coñecido como Duarte Mendes é un cantante portugués. É coñecido principalmente fora de Portugal pola súa participación no Festival de Eurovisión 1975 coa canción "Madrugada".

Carreira[editar | editar a fonte]

A primeira participación de Duarte Mendes no Festival RTP da Canção foi en 1970 coa canción "Então Dizia-te". En 1973 volta coa canción "Gente" logrando un terceiro lugar, chegando a editar un álbum.

Duarte foi un dos capitáns de Abril facendo parte da Escola Prática de Artilharia de Vendas Novas.

En 1975 venceu finalmente o Festival RTP da Canção coa canción "Madrugada". No Festival de Eurovisión 1975 ficou nun 16º lugar, conseguindo os 12 puntos de Turquía.

Ata o abandono da súa carreira artística, Duarte Mendes lanzou dez álbums. En 2015 versionou o seu tema Madrugada co cantante luso Pedro Madeira, trinta anos após a súa participación en Eurovisión.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Então Dizia-te (Single, Philips, 1970)
  • Adolescente/Dar e Cantar (Single, Philips, 1971)
  • Cidade Alheia/Town Without Sun (Single, Orfeu, 1972)
  • Tempo Sem Horas/Absence/Running Time (EP, Orfeu, 1972)
  • Gente/O Retrato/Maria Vida Fria (EP, Orfeu, 1973)
  • O Lago/Sol e Angústia (Single, Orfeu, 1973)SAT 852
  • Canção de Todos Nós/Hino à Mulher (Single, Orfeu, 1974) KSAT 504
  • Madrugada/Entre Espanha e o Mar (Single, Orfeu, 1975)KSAT 522
  • Duarte Mendes (LP, Orfeu, 197-) SB1003
  • Clássicos da Renascença (CD, Movieplay, 2000)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pedro Madeira e Duarte Mendes versionan Madrugada.". Consultado o 19 de setembro de 2015.