Dry Cleaning

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dry Cleaning
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período2018 - presente
Xénero(s)post-punk
Selo(s) discográfico(s)4AD, It's OK
MembrosFlorence Shaw
Lewis Maynard
Tom Dowse
Nick Buxton
Na rede
drycleaningband.com
Facebook: drycleaningband Instagram: drycleaningband Bandcamp: drycleaningSouncloud: drycleaningband Spotify: 7DlD7rLG9MKuvXtTeACzkO Last fm: Dry+Cleaning Musicbrainz: 8a74e5ea-6f68-49e1-951c-80d2291f7c3f Songkick: 9763674 Discogs: 7042935 Allmusic: mn0003859059 Editar o valor em Wikidata

Dry Cleaning é unha banda inglesa de post-punk formada no sur de Londres no ano 2018.[1] O grupo está composto pola vocalista Florence Shaw, o guitarrista Tom Dowse, o baixista Lewis Maynard e o batería Nick Buxton. Dry Cleaning destaca polo seu uso principalmente da voz falada en vez de cantada, ademais de polas súas letras pouco convencionais. O seu estilo musical comparouse ao de bandas como Wire, Magazine e Joy Division.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

O guitarrista Tom Dowse coñeceu á vocalista Florence Shaw ao redor do ano 2010 no Royal College of Art onde os dous estudaban, e rapidamente fixéronse amigos. Dowse describiu a Shaw como “ [...] ferozmente intelixente, emocionalmente moi sofisticado”, e engadiu que “coñecela foi como atopar unha alma xemelga”.

Dowse era un experimentado músico na época e xa tocara en numerosas bandas. Tras rematar os seus estudos tivo problemas para atopar traballo, pero en 2017 volveu a poñerse en contacto con Shaw, e pediulle que mirase algunhas demos que gravara con algúns dous mutuos, Lewis Maynard e Nick Buxton. Dowse quería que Shaw fose a líder do grupo pero ela nun principio declinou dicindo: “Inmediatamente dixen, ‘De ningunha maneira. Non podo imaxinar algo que precise menos agora mesmo.’ Foi un non firme".

Dowse tiña a determinación de conseguir que Shaw entrase na banda tras escoitar a súa voz sobre as demos. O resto do grupo convidouna a un dos seus ensaios. O batería Nick Buxton díxolle a Shaw que podía falar en vez de cantar e deulle unha lista de reprodución que incluía o tema de Grace Jones "Private Life" e outros temas semellantes. Shaw aceptou finalmente e foi a ensaiar con “escritos a partir de vellos debuxos seus, cousas que escribira no meu teléfino, diarios, cousas que vira en anuncios e pensei que era divertido” - léndoos en voz alta mentres os outros tres tocaban os instrumentos ao seu redor. Lembra ese momento “como cando ves esas películas cursis sobre bandas, e están escribindo o 'hit', e é un momento máxico”.[2]

Magic of Meghan e álbum de estrea[editar | editar a fonte]

A banda publicou o seu sinxelo de estrea, "Magic of Meghan", en 2019. Shaw compuxo a canción tras pasar por unha ruptura e mudarse do apartamento do seu antigo compañeiro o mesmo día que Meghan Markle e o príncipe Henrique anunciaron que estaban comprometidos.[3] Ao sinxelo seguíronlle dous EPs ese mesmo ano: Sweet Princess en agosto e Boundary Road Snacks and Drinks en outubro. A banda foi incluída na lista dos 100 artistas esenciais do 2020 da revista NME,[4] e na lista Class of 2020 de DIY.[5]

A banda fichou por 4AD a finais de 2020 e publicou un novo sinxelo, "Scratchcard Lanyard".[6] No mes de febreiro de 2021 o grupo compartiu detalles do seu álbum de estrea, New Long Leg, e tamén editou o sinxelo "Strong Feelings".[7] O álbum, que foi producido por John Parish, publicouse o 2 de abril de 2021.[8]

Stumpwork[editar | editar a fonte]

En xuño de 2022 a banda anunciou un novo sinxelo, "Don't Press Me", estreado na BBC Radio 6 Music o 14 dese mes. Ese mesmo día o grupo anunciou o seu segundo álbum, titulado Stumpwork, que sería lanzado o 21 de outubro dese ano.[9][10] Ao igual que coa súa estrea, o álbum foi gravado nos Rockfield Studios en Gales, e producido por John Parish.[11]

O día 1 de marzo de 2023 Dry Cleaning lanzou o EP de cinco temas Swampy.[12] Dúas das cancións son remesturas dos temas "Hot Penny Day" e "Gary Ashby" aparecidos no álbum Stumpwork.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
New Long Leg 2021 4AD
Stumpwork 2022 4AD

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Dry Cleaning: the London group uniting murky post-punk, Meghan Markle and really weird YouTube comments". NME (en inglés). 2019-09-16. Consultado o 2021-10-08. 
  2. Vozick-Levinson, Simon (2021-03-17). "The Everyday Poetry of Dry Cleaning". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2021-11-10. 
  3. "Music: Who are Dry Cleaning and what is the Meghan Markle connection?". The National (en inglés). Consultado o 2021-11-10. 
  4. "The NME 100: Essential new artists for 2020". NME (en inglés). 2020-01-03. Consultado o 2021-11-10. 
  5. Wright, Lisa (6 de decembro de 2019). "Class of 2020: Dry Cleaning". DIY. Consultado o 10 de novembro de 2021. 
  6. Minsker, Evan (2020-11-19). "Dry Cleaning Sign to 4AD, Share New Song “Scratchcard Lanyard”". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-11-10. 
  7. "Dry Cleaning Announce New Album 'New Long Leg', Share New Song 'Strong Feelings'". Our Culture (en inglés). 2021-02-10. Consultado o 2021-11-10. 
  8. "Dry Cleaning: New Long Leg review - terrific post-punk poets of the everyday". the Guardian (en inglés). 2021-04-02. Consultado o 2021-11-10. 
  9. Strauss, Matthew (2022-06-14). "Dry Cleaning Announce New Album Stumpwork, Share Video for New Song". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-03-03. 
  10. "Dry Cleaning Share New Song \\\"Don\\\'t Press Me\\\": Listen". Stereogum (en inglés). 2022-06-14. Consultado o 2023-03-03. 
  11. "Dry Cleaning: Announce New Album 'Stumpwork' & New Single 'Don't Press Me'". 4AD (en inglés). Consultado o 2023-03-03. 
  12. "Swampy EP, by Dry Cleaning". Dry Cleaning (en inglés). Consultado o 2023-03-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]