Dream Chaser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Dream Chaser nunha das probas.

Dream Chaser é o nome dunha nave espacial reusable proposta pola empresa SpaceDev, subsidiaria de Sierra Nevada Corp.. A nave é un corpo sustentador pensado para ser lanzado verticalmente mediante un Atlas 5 e para aterrar horizontalmente, como un avión. Foi anunciada en 2006 e está baseada no proxecto de nave HL-20 desenvolvido nos anos 1980 pola NASA.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

A versión orixinal da Dream Chaser concibiuse para estar tripulada e levar a entre 2 e 7 astronautas á Estación Espacial Internacional (ISS polas súas siglas en inglés) ou para facer turismo espacial. Ten unha masa de 9000 kg, unha altura de 9 m, unha envergadura de 7 m e un volume habitable de 16 m3. Para acoplarse coa ISS usaría un adaptador APAS no seu extremo posterior. Sierra Nevada recibiu 20 millóns de dólares baixo o programa CCDev e 80 millóns máis baixo CCDev2 para madurar o deseño do Dream Chaser.[1][2]

En 2012 leváronse a cabo probas de solta dun prototipo desde un helicóptero a grande altura para probar o comportamento da nave na atmosfera. A Dream Chaser non foi elixida en 2014 para o programa comercial tripulado da NASA. Para unha competición posterior a empresa modificou o deseño para ser capaz de transportar unicamente carga.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2011). "Dream Chaser" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "Dream Chaser" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]