Dositeo Casanova Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDositeo Casanova Álvarez
Biografía
NacementoA Pobra do Brollón, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 1938 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata

Dositeo Casanova Álvarez, nado na Pobra do Brollón e finado en Lugo o 7 de marzo de 1938, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi elixido concelleiro da Pobra do Brollón en 1931. Con motivo da revolución de Asturias foi detido; xulgado en Lugo acusado de auxilio á rebelión, foi condenado a seis anos e un día de prisión.[1] Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi amnistiado e reposto no cargo de concelleiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de outubro e ingresado na Cadea de Lugo. Xulgado en Lugo en consello de guerra por adhesión á rebelión o 8 de outubro de 1937,[2] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 7 de marzo de 1938 con Antonio Reboiro Rodríguez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 10-1-1935, p. 9.
  2. El Pueblo Gallego, 9-10-1937, p. 9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]