Donald Johanson
(2018) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de xuño de 1943 Chicago |
| Relixión | Cristianismo ortodoxo |
| Educación | Universidade de Chicago Universidade de Illinois en Urbana-Champaign Carl Schurz High School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Antropoloxía |
| Ocupación | antropólogo, profesor universitario, paleontólogo, paleoantropólogo, arqueólogo, prehistoriador, Paleoantropoloxía |
| Empregador | Universidade Estatal de Arizona |
| Membro de | |
| Obra | |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Johanson |
| Premios | |
| |

Donald Carl Johanson, nado en Chicago en 1943, é un paleoantropólogo estadounidense, que descubriu en Hadar co seu equipo o 24 de novembro de 1974 o esqueleto parcial dun homínido de 3,18 millóns de anos no Triángulo Afar de Etiopía. Ao esqueleto déuselle o nome de Lucy e actualmente clasifícase como Australopithecus afarensis.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de inmigrantes suecos, quedou orfo aos dous anos e pasou a infancia en Hartford, Connecticut, aínda que comezou estudando química, cambiou á antropoloxía e estudou con F. Clark Howell. En 1972 visita pola primeira vez o Triángulo Afar, e decide organizar unha expedición paleontolóxica á rexión, na que traballou entre 1973 e 1976 e na que se decubriron importantes fósiles, ademais de Lucy, entre os que destacan os fósiles de 13 individuos que se atoparon xuntos, o que se cre é a máis antiga evidencia de grupo social homínido, e ao que se coñece como a primeira familia.
En 1981 estableceu en Berkeley o Institute of Human Origins, que en 1998 trasladou á Universidade estatal de Arizona