Don't Forget

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Don't Forget (en galego, Non o esquezas) é o primeiro álbum da cantante estadounidense Demi Lovato. O álbum foi lanzado o 23 de setembro de 2008 nos EUA mediante o selo discográfico Hollywood Records. Demi Lovato coescribiu a maioría das cancións do álbum xunto aos Jonas Brothers. Empezou a compoñer as cancións durante a rodaxe da película Camp Rock de Disney Channel. O álbum contén música pop, rock e power rock.

O álbum debutou no posto número dous na lista Billboard dos EUA con máis de 800 copias vendidas. O primeiro sinxelo foi "Get Back" e o segundo "La La Land".

Na xira do álbum Don't Forget, Demi Lovato promocionou o seu seguinte álbum, Here We Go Again.

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "La La Land" (en galego: "O mundo La La")
  2. "Get Back" (en galego: "Volver")
  3. "Trainweck" (en galego: "O naufraxio do tren")
  4. "Party" (en galego: "Festa")
  5. "On the line" (feat. Jonas Brothers) (en galego: "Na liña")
  6. "Don't Forget" (en galego: "Non o esquezas")
  7. "Gonna Get Caught" (en galego: "Van quedar atrapados")
  8. "Two Worlds Collide" (en galego: "Dous mundos coliden")
  9. "The Middle" (en galego: "O medio")
  10. "Until You're Mine" (en galego: "Ata que es meu")
  11. "Believe in Me" (en galego: "Pensa en min")

Vídeos do álbum[editar | editar a fonte]

Sacáronse vídeos musicais das seguintes cancións:

  1. "La La Land"
  2. "Get Back"