Saltar ao contido

Domingo Camino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 22 de marzo de 2015 ás 15:48 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética)

Domingo Camino Sigüer, nado en Santiago de Compostela en 1827 e finado na Coruña en 1879[1], foi un xornalista e poeta galego.

Traxectoria

Irmán menor de Antonio e Alberto Camino. Bacharel en xurisprudencia non chegou a rematar a carreira de Dereito. Foi axudante do presidio correccional da Coruña e despois arquiveiro-bibliotecario na Deputación da Coruña. Membro do movemento cultural compostelán e, en especial, do Liceo de la Juventud, colaborou na prensa galega e dirixiu a publicación La Ilustración de La Coruña. A primeira composición en galego que se lle coñece é “Virxe garrida”, recollida nas Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los inocentes en el Hospicio de Santiago (1849). Escribiu tamén “O rogo do namorado” (1858), “Os lamentos!” (1861), “Amor sin esperanza” (1864) e a muiñeira “A constansia” (1868).

Obras

Notas

  1. Necrolóxica en La Ilustración Gallega y Asturiana, 10-10-1879, p. 8.