Domingo Antonio Guerra París

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Domingo Antonio Guerra París
Nacemento1 de decembro de 1964
Lugar de nacementoMuros
NacionalidadeEspaña
Ocupacióneconomista
Na rede
Dialnet: 483411
editar datos en Wikidata ]

Domingo Antonio Guerra París, nado en Muros o 1 de decembro de 1964, é un economista galego, especializado en Economía Pública e Política Económica pola Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario de carreira con destino no Consello de Contas, traballa desde xuño de 1992 facendo auditorías aos concellos, deputacións e outras entidades locais de Galicia. É Auditor de sistemas de información (RASI 80), mestrado en auditoría de contas (ICJCE e USC), experto en contabilidade e información financeira (ECIF 917) e experto contable acreditado (REC-ICJCE 1001).

Participa habitualmente como poñente en congresos e xornadas sobre a actividade económico-financeira e orzamentaria do sector público local. É docente e titor na Escola Galega de Administración Pública e colabora con artigos de opinión sobre economía municipal en diversos medios, fundamentalmente, no diario dixital da Costa da Morte "Qué pasa na costa".

No ano 2007, xunto con outros oito muradáns vinculados entre si por lazos familiares e de amizade, funda a Asociación SORUM (MUROS ao revés), que preside ata a súa desaparición e que tiña como obxectivo estatutario a promoción da Vila de Muros.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Revistas especializadas[editar | editar a fonte]

  • "Las operaciones de tesorería: una propuesta de fiscalización". Revista Auditoría Pública, número 23 (2001).
  • "Os concellos e os efectos negativos da globalización nas comunidades costeiras", en Actas do I Congreso sobre globalización, arraigo xeográfico e comunidades costeiras en tempos de cambio (2005).
  • "A cuantificación do remanente de tesourería nos municipios galegos menores de cinco mil habitantes", en Actas do III Congreso de economía de Galicia (2006).
  • "La rendición de cuentas de los municipios gallegos". Revista Auditoría pública, número 43 (2007).
  • "Esquema Nacional de Seguridad y auditoría". Revista Auditoría Pública, número 67 (2016).
  • "Auditoría de seguridad de los sistemas de información en la Administración Local". AECA (2017).
  • “La tesorería municipal y su control externo por el Consello de Contas de Galicia”. Actas do II congreso Red Localis (2018).

Libros[editar | editar a fonte]

  • Actividad económica muradana. Una visión subjetiva ISBN 978-84-613-8000-8. Depósito Legal: C 256-2010. Tórculo. 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Artigos de opinión sobre economía municipal en Qué pasa na costa

Blog de Domingo Guerra: Onte estiven en Muros

El Correo Gallego: entrevista a Domingo A. Guerra París (en castelán)

La Voz de Galicia: entrevista a Domingo A. Guerra París (en castelán)

La Voz de Galicia: entrevista a Domingo Guerra sobre Asociación SORUM (en castelán)

Noticia en La Voz de Galicia: Noche de gala de la Asociación SORUM (en castelán)

Noticia La Voz de Galicia: primeira exposición pictórica de artistas de Muros(en castelán)

Información sobre Domingo Guerra en The Muros Times

Entrevista a Domingo Guerra en The Muros Times

Dialnet. Información sobre Domingo A. Guerra París

Noticia libro "Actividad económica muradana" en La Voz de Galicia