Saltar ao contido

Dolabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dolabra

Instancia defamilia de armas Editar o valor en Wikidata
Subclase demattock (en) Traducir e arma improvisada Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata ] C:Commons ]
Uso antigo da dolabra como útil de trincheira. Museo Nacional Romanés de Historia, Peza da Columna de Traxano.

Unha dolabra é unha ferramenta versátil empregada pola xente da Península Itálica dende a antigüidade. Elaborada en metal, constaba dunha folla cun extremo afiado, en forma de machado, e outro aguzado, en forma de pico. Con esta forma servía como un pico a mineiros e escavadores, empregábase para tallar árbores e desbastar madeira ou como instrumento de sacerdotes para rituais relixiosos de sacrificio de animais. En caso de necesidade, podía empregarse como arma ofensiva.

Pola súa funcionalidade formaba parte do equipamento obrigatorio dos soldados romanos. Dada a súa utilidade para escavar trincheiras e levantar estacadas, era fundamental na construción de campamentos.

Achados en Galiza

[editar | editar a fonte]

Aínda que é habitual atopar dolabras en xacementos romanos, non abundan os exemplares escavados en territorio galego.

Un dos exemplares máis interesantes atopouse no 2011 no Monte do Castro, no concello de Ribadumia. A dolabra, depositada no Museo de Pontevedra,[1] escavouse do interior dunha das vivendas. Dado que o castro presenta signos de destrución violenta, especúlase con que a dolabra puidese estar relacionada cun ataque dos lexionarios.[2]

Outro exemplar foi atopado no 2025 na piscina do balneario de Lugo. Neste caso pénsase que a dolabra forma parte dos moitos sedimentos que o Miño arrastrou á piscina despois de abandonada.[3]

  1. "Dolabra de ferro de Leiro. Monte do Castro (Ribadumia)". Colección do Museo de Pontevedra. Consultado o 8/7/2025. 
  2. "Unha traxedia a finais da Idade do Ferro". Cultura Galega. 22/9/2011. Consultado o 8/7/2025. 
  3. Gago, Manuel (7/7/2025). "O lameiro que gardaba unha época enteira". p. Cultura Galega. Consultado o 8/7/2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]