División
Aparencia
División é un termo usado en diferentes contextos, así temos:
- División, en Matemáticas, é a operación inversa á multiplicación e o seu sentido é o de repartir.
- No ámbito militar, unha División é unha grande unidade formada por dúas ou máis brigadas ou rexementos homoxéneos e provista de servizos auxiliares.
- Nos deportes organizados, denomínase División cada un dos grupos en que compiten, segundo a súa categoría, os equipos ou deportistas por un título.
- En xestión de empresas, unha División é unha parte da empresa, moitas veces independente doutras divisións e que ocupa unha posición na xerarquía da mesma.
- En Bioloxía, a división celular é o proceso de reprodución das células mediante o que se orixinan dúas ou máis células fillas.
- En Botánica, a División é o concepto equivalente a filo ou tipo.
- En Xeografía, hai divisións administrativas, como provincias, distritos e municipios. Algúns países teñen divisións administrativas que son propiamente chamadas "División" ou "Subdivisión".
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |