Distritos de Alemaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Os distritos de Alemaña. Os distritos urbanos están marcados en amarelo escuro

Os distritos (en alemán Kreis, plural Kreise) son unidades administrativas de Alemaña (excepto nas tres cidades estado: Berlín, Bremen e Hamburgo) que teñen un nivel intermedio entre os estados federados (Länder) e os niveis locais ou municipios (en alemán, Gemeinden).

Estas unidades corresponden a unidades administrativas de nivel 3 na Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas (NUTS 3) e son aproximadamente equivalentes aos condados dos Estados Unidos.

O termo oficial en todos os estados, menos en dous, é Landkreis, e Kreis nos estados de Renania do Norte-Westfalia e Schleswig-Holstein.

A maioría das grandes cidades de Alemaña non forman parte de ningún Kreis, senón que combinan as funcións dun municipio e dun Kreis; a tal cidade denomínase kreisfreie Stadt (literalmente, "cidade sen distrito"), termo oficial en todos os estados menos un), ou Stadtkreis (literalmente "distrito urbano"; termo oficial en Baden-Württemberg).

No se deben confundir coa Regierungsbezirk (rexión administrativa), que é outro tipo de distrito.

Anteriormente, o título similar Reichskreis (Círculo Imperial) referíase a grupos de estados do Sacro Imperio Romano Xermánico.

O termo relacionado Landeskommissariat utilizouse para divisións administrativas similares nalgúns territorios alemáns até o século XIX.

Alemaña está dividida actualmente en 439 distritos.[1]

Tipos de distritos[editar | editar a fonte]

División administrativa de Alemaña.

A maioría dos distritos (295) son rurais. As cidades con máis de 100 000 habitantes (ou menos, nalgúns estados) non pertenecen a ningún distrito, senón que asumen elas mesmas tales responsabilidades formando un distrito por elas mesmas. Estes son os distritos urbanos (Kreisfreie Städte ou Stadtkreise).

En 2011 existían 107 distritos urbanos, formando xunto cos rurais un total de 402 distritos. En Renania do Norte-Westfalia hai algunhas cidades con máis de 100 000 habitantes que non forman distritos urbanos, como Iserlohn, Recklinghausen, Siegen, Paderborn, Bergisch Gladbach, Witten ou Neuss.

Parlamento do distrito[editar | editar a fonte]

O parlamento do distrito (Kreistag) é o órgano lexislativo do distrito e é o responsábel da administración propia local. O parlamento é elixido directamente cada cinco anos, salvo en Baviera, onde se elixe cada seis anos, e en Schleswig-Holstein, onde se fai cada catro.

Notas[editar | editar a fonte]