Dique seco
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Dique.
Dique seco,[1] ou dique de carena, é o nome que reciben as instalacións portuarias destinadas a poñer as embarcacións fóra da auga para efectuárense reparacións na súa parte externa.
Estas reparacións que se realizan en forma periódica reciben o nome de carenado e efectúanse na parte do casco coñecida como obra viva ou carena.
Dístínguense varias clases de diques secos:
- Varadoiro, é o sistema máis primitivo, que se emprega na actualidade só para embarcacións menores de pouco porte. Consiste nun plano inclinado sobre o que se despraza o barco a levantar.
- Dique de marea, dique seco que non precisa de bombas hidráulicas porque queda seco na marea baixa;
- Dique flotante, tamén chamado dique boiante, é un dique seco construído con tanques que se inundan e baixan para que o buque poida entrar nel, e que se desauga por medio de bombas, ao fin de que quede en seco ou co barco flotando, segundo as necesidades
- Sincroelevador, trátase dun sistema de trabes articuladas izadas por cabestrantes nos seus extremos. O conxunto pode ser operado sincronicamente xerando unha plataforma de elevación de gran porte.
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]- Estar no dique seco: estar sen realizar a actividade ou traballo que normalmente se leva a cabo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ dique, 2ª acep. no dicionario da RAG.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dique seco |