Dionisio de Bizancio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século II Bizancio, Turquía |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | poeta, xeógrafo |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Dioniso (en grego antigo ∆ιονύσιος Βυζάντιος, en latín Dionysius Byzantinus) foi un xeógrafo da antiga Grecia nado en Bizancio que viviu antes do reinado do emperador Septimio Severo, no século II. É o autor dunha viaxe (ἀνάπλους) polo Mar Negro (De Bospori navigatione), dende Bizancio ata Calcedonia, que se conservou.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O chamado Periplo do Bósforo é un breve texto en grego que consta de 112 parágrafos e que se conserva en dous manuscritos, un en París e outro en Londres. Por desgraza, os parágrafos 57 a 95 perdéronse, e só poden ser subministrados grazas á tradución ao latín feita por Gyllius no século XVI a partir do orixinal[1].
Segundo a Suídas, ademais desta obra xeográfica tamén cultivou a poesía épica, e escribiu unha obra chamada Θρῆνοι ('Lamentacións'), consistente en cantos fúnebres[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González Ponce, Francisco J. (2002). "Periplografía griega de época imperial". Habis (33): 560-561. ISSN 0210-7694.
- ↑ 12.Dionysius en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 1039