Dinheirosaurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dinheirosaurus

3ª a 9ª vértebras dorsais
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Sauropodomorpha
Infraorde: Sauropoda
Familia: Diplodocidae
Subfamilia: Diplodocinae
Xénero: '' Dinheirosaurus''
Bonaparte & Mateus, 1999
Especie: D. lourinhanensis
Bonaparte & Mateus, 1999
Nome binomial
' Dinheirosaurus lourinhanensis'

Dinheirosaurus ("lagarto de Porto Dinheiro") é un xénero de dinosauros saurópodos diplodócidos. Os seus restos encontráronse na sección superior (do Kimmeridgiano[1]) dos estratos do Xurásico Superior da formación Camadas de Alcobaça en Porto Dinheiro, Lourinhã, Portugal. Os fósiles describíronos en 1999 Bonaparte e Mateus, despois de que os atoparan en 1987[2].

O material encontrado foi inicialmente asignado ao xénero da mesma época previamente descrito Lourinhasaurus debido a diversas semellanzas. Porén, posteriores análises revelaron que o fósil era unha clase diferente de saurópodo e foille asignado un xénero propio, Dinheirosaurus. Os dous xéneros foron durante certo tempo considerados como posibles sinónimos, pero a interpretación posterior de ambos os restos non deixou dúbidas sobre o seu status independente.

A especie tipo e única do xénero é Dinheirosaurus lourinhanensis, nomeada pola localidade portuguesa da Lourinhã.

Material atopado[editar | editar a fonte]

Os restos fósiles atopados consisten nun esqueleto parcial (o holotipo, ML 414) do cal o máis salientable son as súas ben conservadas vértebras dorsais articuladas, pero tamén consta de 12 costelas dorsais e ósos fragmentados das extremidades. A especie D. lourinhanensis caracterízase polas súas vértebras de tipo Diplodocus con espiñas neurais bifurcadas que teñen proporcións diferentes ás de Diplodocus. Tamén ten unha articulación intervertebral accesoria de estruturas derivadas do hiposfeno.

Sistemática[editar | editar a fonte]

Estas características poden indicar que D. lourinhanensis deriva dun diplodócido máis primitivo que Diplodocus, e que evolucionou polo seu illamento en illas, como era o caso da Península Ibérica naquel tempo, que estaba separada das zonas continentais de Europa e Norteamérica. Dinheirosaurus é un taxon irmán de Supersaurus.[3] O seguinte cladograma está baseado na análise filoxenética feita por Whitlock en 2011, e nel móstrase as relacións de Dinheirosaurus con outros xéneros de Diplodocidae:[4]

Diplodocidae

Apatosaurus

Supersaurus

Dinheirosaurus

Tornieria

Barosaurus

Diplodocus

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Toma o nome de Kimmeridge, Dorset. Inglaterra, polos estratos que se encontran alí.
  2. Bonaparte, J.F., & Mateus, O. (1999). "A new diplodocid, Dinheirosaurus lourinhanensis gen. et sp. nov., from the Late Jurassic beds of Portugal Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.". Revista del Museo Argentino de Ciencias Naturales. 5(2): 13-29.
  3. Mannion, P. D., Upchurch P., Mateus O., Barnes R. N., & Jones M. E. H. (2012). New information on the anatomy and systematic position of Dinheirosaurus lourinhanensis (Sauropoda: Diplodocoidea) from the Late Jurassic of Portugal, with a review of European diplodocoids. Journal of Systematic Palaeontology. 10(3), 521–551.
  4. Whitlock, J.A. (2011). "A phylogenetic analysis of Diplodocoidea (Saurischia: Sauropoda)." Zoological Journal of the Linnean Society, Article first published online: 12 Jan 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]