Dinara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Dinara visto desde a fortaleza de Knin.
Localización do Dinara na fonteira entre Croacia e Bosnia e Hercegovina.

O Dinara é un monte de 1831 m de altitude, situado na fronteira entre Croacia e Bosnia e Hercegovina, e que constitúe a maior elevación do primeiro deses países

Toponimia[editar | editar a fonte]

O seu nome en grego era Adrian oros. O seu nome actual cóidase que deriva do dunha antiga tribo de Iliria, que vivía nas abas orientais da montaña. A cadea montañosa dos Alpes dináricos denomínase así polo Dinara. O monte é tamén denominado Sinjal, debido a un sinal e un poste xeodésico, que están afincados no cume; esta denominación está bastante popularizada.

O macizo do Dinara[editar | editar a fonte]

O Dinara é en realidade un enorme macizo que se estende desde o paso de Derala (965 m), no noroeste até o paso de Privija (1230 m), que está 20 km cara o sueste, onde comezan os Montes Kamešnica, de xeito que o monte Dinara ten máis de 10 km de ancho. As maiores elevacións deste mzacizo son o Troglav (1913 m) e máis o Dinara (1831 m). O pico do Dinara preesnta unha forma que lembra unha xigantesca cabeza humana. Como o resto dos Alpes dináricos, está formado de rocas calcarias, nas que se orixinan fenómenos cársticos. No macizo nacen os ríos Krka e Cetina.

Clima[editar | editar a fonte]

Sito a poucas ducias de quilómetros da costa adriática, o clima da montaña mostra características mediterráneas extrmas, ao non estar o seu teritorio suavizadao pola influencia directa do mar. Aínda mais o Dinara marca o límite transicional entre a zona de clima medierráneo, e o máis frío clima interior de carácter montañoso.

Antropización[editar | editar a fonte]

No macizo do Dinara en si, non hai zonas habitadas, e a pegada humana redúcese a pequenas chozas que pertencen aos gandeiros dos vales próximos, como os do río Cetina. Tampouco atrae a montañeiros, que prefiren escalar o pico Ošljak (1706 m). Porén a ladeira suroeste do macizo fornece exxelentes vistas aos viaxeiros da estrada sita no val do fondo, con os seus seis quilómetros de ancho e 1.700 m de altura.

Medio natural[editar | editar a fonte]

O Dinara acolle unha especie endémica de roedor, un ratiño denominado "Dinarski miš" , rato dinárico Dolomys bogdanovi longipedis, que foi declarada especie en perigo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]