Río Cetina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cetina
[[Ficheiro:|250px]]
Presa no Cetina
PaísCroacia
NacementoMonte Dinara
Lonxitude105 km
Conca3.700 km²
Caudal medio105 m³/s
DesembocaduraMar Adriático

O río Cetina é un curso fluvial do centro da Dalmacia (Croacia), que despois de percorrer uns 105 km desemboca no mar Adriático.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Cetina nace na ladeira noroeste do monte Dinara a 385 m de altura. O manancial está preto da aldea homónima de Cetina, sita a 7 km ao norte da cidade de Vrlika. A uns 25 km forma o lago artificial de Peruča. O río pasa despois á rexión cárstica de Sinj. Toma logo dirección leste antes de retomar a dirección oeste cerca do macizo montañoso de Mosor. Acaba o seu curso no mar Adriático, non lonxe da localidade de Omiš, onde antes de desaugar forma un formidable canón.

A súa conca hidrográfica ocupa unha superficie duns 3.700 km². A pluviosidade media anual na conca é de 1.380 mm, o que permite un caudal medio do río de 105 m³/s.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

As montañas que percorre forman parte dos Alpes dináricos; están constituídas de material sedimentario, principalmente calcarias, que datan do período cretáceo, pero hai tamén materiais do triásico e xurásico.

Explotación económica[editar | editar a fonte]

A súa corrente é utilizada en varios lugares par producir enerxía hidroeléctrica. As súas augas son embotelladas como de Cetina.

Historia e arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Desembocadura do Cetina en Omiš.

Durante a Idade Media, o río serviu de fronteira entre o reino de Croacia e o reino de Serbia. O seu val foi unha ruta comercial importante que ligaba Bosnia e Hercegovina co litoral adriático.

Hai restos que indican que a agricultura na rexión remonta ao neolítico na parte alta do val do Cetina. Durante a Idade de Bronce, a zona posuía unha cultura particular. O río recibiu ofrendas durante a prehistoria, sobre todo preto da súa confluencia co río Ruda, preto da localidade de Trilj.

A zona estivo ligada aos dálmatas, e acolleu unha fortificación romana en Tilurium, preto da actual Trilj, que gardaba a entrada do val que conducía á capital provincial: Salona. Durante a Alta Idade Media, o río oficiaba de fronteiro entre os poderes romano-bizantinos e os eslavos. Xa, máis tarde, a inicios do século XVI, a zona foi conquistada polo Imperio Otomán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]