Saltar ao contido

Dimetilalil pirofosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dimetilalil pirofosfato
Fórmula esquelética
Modelo de bólas e paus
Identificadores
Número CAS 358-72-5
PubChem 647
ChemSpider 19951350
MeSH 3,3-dimethylallyl+pyrophosphate
Imaxes 3D Jmol Image 1
Image 2
Propiedades
Fórmula molecular C5H12O7P2
Masa molecular 246,092

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O dimetilalil pirofosfato (ou dimetilalil difosfato ou pirofosfato de dimetilalilo), abreviado DMAPP, é un produto intermediario da vía do mevalonato e da vía do metileritritol fosfato ou vía MEP/DOXP. É un isómero do isopentenil pirofosfato (IPP) e aparece en practicamente todos os seres vivos. O encima isopentenil pirofosfato isomerase é o encargado de catalizar a isomerización do IPP para dar DMAPP.

O precursor do DMAPP na vía do mevalonato é o ácido mevalónico (MEV), e na vía do metileritritol fosfato é o 2-C-metil-D-eritritol-4-P.

Vía do mevalonato.
Versión simplificada da vía de síntese de esteroides na que se mostran os intermediarios isopentenil pirofosfato (IPP), dimetilalil pirofosfato (DMAPP), xeranil pirofosfato (GPP) e escualeno. Outros intermediarios foron omitidos.
  • Berg JM, Tymoczko JL, Stryer L. Biochemistry. 5th ed. Nova York: W.H. Freeman. xxxviii, 974, [976] (varias páxinas). ISBN 0-7167-4684-0.
  • Eisenreich W, Bacher A, Arigoni D, Rohdich F (xuño de 2004). "Biosynthesis of isoprenoids via the non-mevalonate pathway". Cell. Mol. Life Sci. 61 (12): 1401–26. DOI:10.1007/s00018-004-3381-z. PMID 15197467.