Despois de recibir unhas estrañas mensaxes nos seus teléfonos móbiles, cinco rapaces van á unha estación de tren subterránea e toman un tren que os leva ó Digital World. Unha vez alí coñecen a Bokomon e a Neemon, dous digimon que actúan como guías, e eles cóntanlles que son os nenos elixidos e que o mundo dixital está en perigo. Deberán loitar contra o principal antagonista, Cherubimon e os seus Guerreiros Lendarios que queren dominar o mundo. En contraste coas series anteriores, nas que os protagonistas tiñan un compañeiro digimon, estes nenos elixidos transfórmanse eles mesmos en digimons, tendo cada un deles un espírito de transformación en forma humana e en forma animal.
Líder do grupo. Emprega o Espírito Humano da Chama para transformarse en Agunimon (Agnimon) e o Espírito Animal da Chama para ser BurningGreymon (Vritramon). Posteriormente recibe o poder para transformarse en Aldamon (Ardhamon) e EmperorGreymon (KaiserGreymon).
El é calado e reservado, o lobo soitario do grupo. Emprega o Espírito Humano da Luz para transformarse en Lobomon (Wolfmon) e o Espírito Animal da Luz para ser KendoGarurumon (Garmmon). Posteriormente recibe o poder para transformarse en Beowolfmon (Beowulfmon) e MagnaGarurumon.
O maior do grupo. Emprega o Espírito Humano do Trono para transformarse en Beetlemon (Blitzmon) e o Espírito Animal do Trono para ser MetalKabuterimon (Bolgmon).
É o membro feminino, e é moi independente. Emprega o Espírito Humano do Vento para transformarse en Kazemon (Fairymon) e o Espírito Animal do Trono para ser Zephyrmon (Shutumon).
O pequeno do grupo. Emprega o Espírito Humano do Xeo para transformarse en Kumamon (Chakmon) e o Espírito Animal do Xeo para ser Korikakumon (Blizzarmon).
O irmán xemelgo de Koji. El e Koji foron separados cando eran bebés porque os seus pais se divorciáron. Orixinalmente perde a súa memoria e convértese en Duskmon e Velgemon, un inimigo dos outro, pero despois é purificado. Emprega o Espírito Humano da Escuridade para transformarse en Löwemon e o Espírito Animal da Escuridade para ser JägerLöwemon (KaiserLeomon).