Digimon Data Squad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Digimon Data Squad
デジモンセイバーズ
(Digimon Savers)
Anime Digimon Data Squad
Dirixido por Naoyuki Itou
Estudio Toei Animation
Canle televisiva Fuji TV
Primeira emisión 2 de abril de 2006
Última emisión 25 de marzo de 2007
Núm. de capítulos 48
Traballos relacionados

Digimon Data Squad, coñecido no Xapón como Digimon Savers (デジモンセイバーズ Dejimon Seibāzu?) é a quinta serie de animación da franquía nipoa Digimon.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Un rapaz de 14 anos, Marcus Damon, un imbatible loitador (loitador urbano na versión orixinal xaponesa), coñece a Agumon, un digimon que escapou de DATS, nuha organización secreta do goberno creada para defender ó mundo dos humanos da invasión de digimons salvaxes. Despois de loitar un contra o outro, os dous fanse amigos rapidamente un do outro, e a partir dunha serie de eventos, son incorporados en DATS, onde teñen a esperanza de facerse máis fortes.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxes principais[editar | editar a fonte]

Personaxe Actor de dobraxe Digimon Actor de dobraxe
Marcus Damon
Daimon Masaru
Soichiro Hoshi Agumon Taiki Matsuno
O principal protagonista da serie, Marcus Damon é o fillo do investigador Spencer Damon, quen desapareceu no misterioso mundo coñecido como Digital World fai 10 anos. Forte e valente, Marcus considérase a si mesmo o número un dos loitadores definitivos. Despois de coñecer a Agumon, convértese en aliado dos Digimon despois de recibir un Digivice do misterioso home, Homer Yushima.
Thomas H. Norstein
Touma H. Norstein
Hirofumi Nojima Gaomon Kazuya Nakai
Graduado pola universidade de Estocolmo á idade de 13 anos, Thomas H. Norstein é un prodixio medio austríaco, medio xaponés. Gran boxeador e xenio nos estudos, Thomas é un membro vital do equipo de DATS.
Yoshino "Yoshi" Fujieda
Fujieda Yoshino
Yui Aragaki Lalamon
Raramon
Yukana
Yoshi é unha rapaza de 18 anos e o terceiro membro do equipo. Ela e a súa compañeira Lalamon son amigas dende moito tempo atrás.
Keenan Crier
Noguchi Ikuto
Rie Kugimiya Falcomon Chie Kojiro
Keenan é un misterioso neno de 10 anos de idade, quen anos antes do comezo da historia, perdeuse por accidente a través dun Portal Dixitale foi criado por un digimon chamado Frigimon, quen foi destruído nunha masacre organizada por un home chamado Akihiro Kurata.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]